FEDERACIÓN GALEGA DE REMO

ÚLTIMAS NOVAS

06-10-2017
Normativa Copa Galicia de Bateis 2017

O vindeiro día 21 de outubro (sábado), vaise celebrar unha nova edición da regata Copa Galicia de Bateis no porto de Marín (Pontevedra), e que está dentro do programa de probas de deportes náuticos Semana Abanca.

A continuación pódese descargar a normativa en formato PDF:

 

18-09-2017
Normativa do Campionato Galego de Yolas

O vindeiro sábado 30 de setembro realizarase o Campionato Galego de Yolas 2017 na Ensenada de A Malata (Ferrol), coincidindo en tempo e lugar có XXI Trofeo Cidade de Ferrol de Yolas que organiza o C. R. San Felipe, sendo ademáis clasificatorio para o Campionato de España de Yolas que se vai celebrar en Sevilla durante os días 28 e 29 de outubro.

A competición farase sobre largos de 250m para todas as categorías ó igual que será o Campionato de España de Yolas, polo que o número de ciabogas que farán as diferentes categorías será de 5 para os cadetes, 7 para os absolutos e 3 para os veteráns.

A continuación pódese descargar a normativa da regata en formato PDF:

Normativa Yolas
12-07-2017
Normativa XXXIV Cto. Galego de Traíñas 2017

O vindeiro día 25 de xullo (martes), vaise celebrar o XXXIV Campionato Galego de Traíñas no porto de Meira (Moaña).

A continuación pódese descargar a normativa en formato PDF:

 

4-08-2017
Resultados Campionatos Galegos de Remo Olímpico 2017

Os pasados días 17 de xuño e 2 de xullo celebráronse no Encoro de Castrelo de Miño, os Campionatos Galegos de Remo Olímpico na que participaron un total de 19 clubs e 200 embarcacións entre ambos campionatos cós resultados que se poden descargar a continuación en formato PDF.

Cto. Galego Xuv-S23-Abs-Vet-Adap Cto. Galego Ale-Inf-Cad